Nós

Pixelize nace coma un faro que agarda converterse en luz, guía e acompañamento para todas aquelas persoas que buscan a súa propia dirección.

Quen somos?

Marcos Núñez

Área de produción audiovisual

Fai uns anos, decidín embarcarme nesta gran aventura e facer da miña maior paixón a miña profesión. E, aínda que os comezos son difíciles para todo o mundo, non podo estar máis feliz de ter creado un proxecto tan especial como Pixelize. Porque…cóntovos un segredo? O que o fai tan bonito non só é o traballo, senón as persoas que se cruzan no camiño grazas a él. A través da miña lente podo contar as súas historias infinitas, transmitir os seus sentimentos e materializar a súa imaxinación. Existe mellor maxia ca esa?

Laura González

​Área de marketing e comunicación

Nunca sabes as voltas que pode dar a vida e ata onde te pode levar. A min, por sorte, levoume ata Marcos e, xuntos, creamos un proxecto de vida único e persoal. Pixelize abriulle ás portas á miña imaxinación e creatividade e fíxome descubrir o gratificante que é ter o poder de transformar unha idea en realidade. Pero, sobre todo, quédome coa xente. Con toda a xente bonita que soubo e sabe valorar o meu traballo. Aventúraste a compartir as túas historias con nós